mércores, 25 de abril de 2018

Excursión á Feira da Educación


O pasado venres 20 de abril, todo o alumnado da Educación Infantil, xunto con algúns compañeiros/as da ESO, fomos de excursión ata a Feira da Educación exposta no auditorio municipal.
 
Iamos moi emocionados xa que tiñamos moitas ganas de ver o ben que quedaron os nosos traballos na exposición, e a verdade que quedaron fermosos, polo que tanto alumnos/as como mestres nos sentimos moi orgullosos do proxecto levado a cabo. Estando alí tamén aproveitamos para ver os traballos do resto de colexios e academias.


 
Ao saír do auditorio, e xa que fixo un día estupendo, tivemos oportunidade de pasar un tempo de lecer cos compañeiros/as no parque de Pedra Pateira, onde gozamos de xogos, cancións, risas... e sobre todo de estar na compaña de amigos/as.

 

A excursión fixémola andando e moitos descubriron que xa son moi maiores e que están feitos uns campións/nas xa que baixamos e subimos sen queixarnos nadiña.

Ningún comentario:

Publicar un comentario