domingo, 18 de marzo de 2018

Ao mal tempo...


Esta época do ano estanos deixando fenómenos meteorolóxicos inusuais. Este pasado venres comezou de repente a saraibar, e o patio quedou cuberto de branco.
 
 
Tan pronto escampou non quixemos perder a oportunidade de saír e xogar coa saraiba. Estaba conxelada!!


Trevo Dorneiro


Desde o colexio sumámonos á iniciativa da cofradía dorneira de encher as rúas de Ribeira de trevos.

En Infantil a maioría dos nenos/as coñecen este símbolo e as súas cores, polo que xa nos puxemos mans á obra para pintalo. Despois imos decoralo para que sexa máis orixinal.

 Cando estea listo xa vos ensinaremos o resultado final.



domingo, 4 de marzo de 2018

Xa escribo o meu nome


A estas alturas do curso os avances na evolución dos nosos/as alumnos xa son visibles.

Neste caso, os pequenos/as de 3 anos, amósannos como xa son capaces de recoñecer e escribir os seus nomes.



Obradoiro pasta de papel


No colexio seguimos coa filosofía de coidado do medio ambiente. Por ese motivo levamos xa varias xornadas dedicadas á reciclaxe de papel.

Aprendemos que o papel reciclado está feito de anacos de papel e mesturado con auga para formar unha pasta. Esa pasta é a que despois se filtra para facer novo papel.
 
 

 Nós neste caso empregámola para facer diferentes manualidades: Pintamos unhas figuras de arame ás que lle imos poñer diferentes partes feitas desta pasta.
 
 

Co resto da masa elaboramos un pequenos peixe que, cando este seco, decoraremos nas aulas.




Foron unhas xornadas moi divertidas. Pasámolo en grande rompendo anacos de papel e metendo as mans na pasta.

Zach´s birthday

The last 28 was de teacher Zach´s birthday. He is 24 years old!. CONGRATULATIONS!!!!!