domingo, 17 de decembro de 2017

Visita Papá Noel


Xa estamos coa temática do Nadal desde hai unhas semanas, e fixemos actividades e manualidades de todo tipo: decoramos as aulas e os corredores, fixemos a carta aos Reis Magos, elaboramos divertidas felicitacións para estas datas, etc, etc...

Pero este venres tivemos no colexio unha visita mooooi especial. Papá Noel interrompeu as súa labores cos regalos para visitar os colexios e poder falar un ratiño con todos os nenos e nenas. Todos puidemos recordarlle que agasallos nos gustaría recibir neste Nadal xa que nos portamos moi ben durante todo o ano.

A visita foi toda unha sorpresa, e todos pasamos un ratiño moi divertido na súa compaña.

Moitas Gracias Papá Noel por vir!
 







 

domingo, 3 de decembro de 2017


Este pasado venres volvemos gozar co mundo dos contos da man de Iago, un conta contos que nos veu visitar ao colexio e nos contou a historia de Augusta, unha rapaza que tiña medo de todo e que coa axuda de seus pais foi perdendo todos os seus medos.

A historia foi moi entretida e gozamos interaccionando tanto co conto coma con Iago.

Moitísimas gracias pola túa visita!