luns, 6 de novembro de 2017

Festa do Magosto

O pasado 31 de outubro, pola mañá, celebramos no colexio a festa do Magosto.
A mañá foi moi entretida xa que baixamos ata o patio dos maiores de primaria para lucir o bote que fixemos nas aulas. Alí vimos como os profes asaban as castañas para despois probalas mentres aínda estaban quentiñas.
Despois tivemos oportunidade para xogar a xogos relacionados co magosto.

Pasámolo en grande!!









Ningún comentario:

Publicar un comentario