domingo, 3 de febreiro de 2019

Despedida profe María


Con un pouco de pena, nesta pasada semana tivemos que despedir á profe María, que desde hai uns meses nos acompañou cada día nas aulas completando o seu período de prácticas.

 
Queremos agradecerlle a morea de cousas que nos ensinou, todas as tarefas que nos axudou a realizar, todo o cariño que nos regalou e todo iso sempre cun gran sorriso na cara.





 
Para que se acorde de nós mentres completa a súa formación, fixémoslle un caderno coas nosas dedicatorias.


 
Desexámoste o mellor, e esperamos que veñas a visitarnos pronto.

 
Moitas gracias por todo!!

Día da Paz


Como cada 30 de xaneiro, celebramos no cole o Día da Paz. Nesta ocasión, seguindo coa temática escollida para vertebrar as actividades deste curso, decidiuse traballar a emigración. Os alumnos de primaria trouxeron das súas casas fotos de familiares que viviron a emigración.

 
Nós pola nosa parte, tamén participamos na súa compaña para cantar todos xuntos a canción de “Miña terra galega” e colaboramos tamén realizando un gran mural coa imaxe que representa este día como é a pomba branca.

 


Pasámolo xenial cantando e bailando cos nosos/as compañeiros/as.

O crocodilo Cirilo


A profe María, que elixiu o noso cole para facer as prácticas, quixo contarnos un conto usando o teatriño de sombras.
O conto trataba sobre a diversidade xa que o protagonista  é un crocodilo amarelo chamado Cirilo.
 
Gozamos moito coa representación do conto, xa que puidemos ver a todos os personaxes a través das sombras e luces do teatriño.
 

Logo traballamos a temática da diversidade tendo como referente a diferente cor de pel que tiña o crocodilo. 

Moitas gracias á profe María pola actividade!!

domingo, 20 de xaneiro de 2019

Día do xoguete


Comezamos o segundo trimestre cun dos días que máis nos gusta: O día do xoguete.




Neste día podemos traer un xoguete da casa que nos trouxeran de agasallo neste pasado Nadal.

Cada un trouxo o que máis lle gustou para poder gozar xogando cos seus compañeiros. Houbo de todo, pero calquera xoguete vale para pasar un bo rato en boa compañía.

Visita Papá Noel


Como broche final deste primeiro trimestre, antes de despedirnos dos nosos/as compañeiros ata a volta do Nadal, un amigo moi especial quixo vir visitarnos ao colexio.

Papá Noel estivo con nós parte da mañá do 21 de decembro. Quixo vir visitarnos para coñecer de primeira man o que os nenos/as do Bayón queren de agasallo por estas festas.

Estivemos moi a gusto na súa compaña, e a cambio de portarnos moi ben deunos uns caramelos.



Festival de Nadal


O pasado 20 de decembro celebramos o esperado festival de Nadal de infantil. Durante todo o mes de decembro estivemos practicando uns bailes moi divertidos para representar diante das nosas familias.

Foi un festival protagonizado enteiramente polos nenos/as de infantil, xa que eles se encargaron de cantar, bailar e incluso de presentar.
Os nenos/as de 3 anos bailaron “Árbol de Navidad” e “The star song”.

 
 
Os de 4 anos “Rocking around the Christmas tree” e “Christmas presents”.


 E os de 5 anos “Christmas twist” e “The Santa Claus rock”.

 

A parte dos bailes, tamén preparamos uns pequenos vídeos para desexarlle a todos Feliz Nadal.

O resultado foi todo un éxito e gozamos moito actuando, esperamos que a todas as familias lles gustase tanto como a nos.

O Nadal no Bayón


Durante todo o mes de decembro tivemos unha morea de actividades para festexar a chegada do Nadal.


Estivemos a preparar o escenario para o esperado festival de Nadal que tanto nos gusta. Decorámolo cunhas grandes árbores  e un Papá Noel ben ledo para recibir ás nosas familias. Tivemos que repartir o traballo entre todos e empregar varias sesións, xa que tivemos que facer uns carteis ben grandes.

Ao mesmo tempo tamén estivemos animando as aulas con decoracións de Nadal. O mais esperado foron as árbores, que a falta de unha tivemos catro; unha en cada aula e outra no corredor.


Para a decoración da árbore do corredor a profe María ocorréuselle unha idea xenial: aproveitar paus de xeado e depresores para crear renos, árbores de nadal, papás noel, elfos... a verdade e que quedaron fermosísimos.

A parte de todo iso, tamén participamos nun concurso de postais. Cada neno/a creou a súa propia postal cos materiais que máis lle gustaron. A gañadora irá impresa como felicitación de Nadal do colexio.


luns, 14 de xaneiro de 2019

Storytelling Christmas


O pasado 19 de decembro tivemos  a visita duns integrantes do centro británico co que mantemos estreita relación. 

Nesta ocasión viñeron a contarnos unha historia no idioma que tanto practicamos no colexio: en inglés.


O storytelling foi moi variado, xa que escoitamos historias de Santa Claus e Rúdolf, cantamos, bailamos, repasamos vocabulario...

Ademais fomos moi contentos porque fixemos unha careta de Rúdolf para levar para a casa.


domingo, 16 de decembro de 2018

Magosto, Samaín e Halloween


O pasado 31 de outubro celebramos no colexio o Magosto e o Samaín/Halloween.

Tivemos unha xornada moi intensa e chea de actividades:
Pola mañá celebramos o Magosto. Coma o tempo non nos acompañou todo o que no gustaría fixemos uns xogos no ximnasio, todos eles relacionados coa castaña e na compaña de compañeiros de cursos da ESO.




Logo subimos para as aulas e uns familiares viñéronnos ofrecer as castañas que asaron no colexio. A verdade é que estaban moi boas.




Aproveitamos tamén para facer un obradoiro de maquillaxe con arañas arrepiantes xa que pola tarde festexamos o Samaín/Halloween.

Non nos esquecemos de que dende o luns, cada neno/a que quixo puido traer ao cole unha cabaza decorada que estiveron expostas no corredor e na entrada de Infantil.

Pola tarde cada neno/a puido vir disfrazado co disfrace máis arrepiante que atopou pola casa. Pasámolo en grande cantando e bailando cancións típicas destas datas.



Moitísimas gracias aos país/nais colaboradores que nos acompañaron nesta xornada!!